O pasado venres achegámonos a Santiago para participar nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014.
Eramos mais de 500 mestras e mestres, responsables ou integrantes dos equipos de biblioteca de todos os centros que formamos parte do PLAMBE.
Dende hai tres anos, o noso centro está incluído neste proxecto que fomenta a renovación das BibEs dos centros para que o alumnado do século XXI conte con recursos que os convertan en lectores competentes e lles axuden a desenvolver as súas competencias básicas
Nós fomos convidad@s a participar nunha das Mesas de Experiencias para falarlles aos demáis compañeir@s sobre as actividades que levamos a cabo na nosa biblioteca.
A verdade e que, despois de superar o medo escénico a falar diante de tanta xente, sentímonos orgullos@s de que o noso traballo se vexa recoñecido, e de que a nosa biblioteca sexa coñecida fóra das catro paredes que a rodean.
Grazas pola invitación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario