Amosando publicacións coa etiqueta clubeLectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clubeLectura. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de xuño de 2023

MENSAXE DE EFRÉN

 






Querido alumnado do CEIP Saco e Arce. 

Estamos a piques de rematar o curso, e Efrén ten unha mensaxe para todos e todas.

Escoitade !!!

mércores, 17 de maio de 2023

Clube de lectura


 

Neste curso os clubes de lectura xa fixeron algunhas aventuras, xuntanzas, lecturas, xogos e agasallos.
Ollade algunhas... !!

domingo, 15 de xaneiro de 2023

Mensaxe de Efrén para o Clube de Lectura

Parece que o noso Efrén deixou onte unha mensaxe para @s compoñentes do clube de lectura !!!

Picade no botón verde da mensaxe para escoitar o que nos quere contar Efrén !!

sábado, 30 de abril de 2022

Reunión dos Clubes de lectores


A profe Maite non puido asistir á reunión dos clubes de lectura e encargou a Efrén que guiase as actividades. 

Cada grupo mostrou a portada que deseñou para o seu libro, fixo un resumo do mesmo  e recomendou a lectura aos compañeiros e compañeiras.

Cada nena/o recibiu un marcapáxinas coa portada que deseñou o seu grupo. Gustoulles moito!

Como un dos libros trata sobre un can, tivemos unha visita moi especial: A mamá de Xoel trouxo ao seu can Pipo, un golden retriever que está entrenado para axudar ao neno e que leva uns oito anos na familia. É moi suave e cariñoso e todas quixeron acariñalo e darlle unha aperta.

Por último, xogamos a "Quen é?" un xogo cunha mecánica moi sinxela: Todas as participantes colócanse formando un grupo. Precísanse dúas persoas , unha que pense nun dos participantes sen dicir o seu nome, e outra que adiviñe en quen está pensando. Para logralo ten que facer preguntas  cuxa resposta sexa si/non para ir eliminando participantes . Cando o descubra, a persoa ten que dicir tres cousas sobre sí mesma. Moi divertido!

xoves, 21 de abril de 2022

Outra mensaxe de Efrén

 

Acabamos de recibir outra mensaxe do noso amigo.

 Está moi contento de como funcionan os clubes de lectura e, aproveitando que estamos no mes dos libros,  quere convidarvos a outra reunión para que lle contedes as vosa experiencia. 

No video enterarédesvos de cando e onde é a reunión.

Mirade, mirade ... 

venres, 11 de marzo de 2022

1ª Reunión dos clubes de lectura

Ao longo desta semana tivemos as primeiras reunións dos clubes de lectura. As reunións foron na biblio e a cada unha asistiu un dos clubes. Cada grupo díxonos o nome  que elixiron  para o clube,  falou sobre o seu libro, falamos sobre o autor ou autora,   comentaron se o tema era ou non do seu agrado ... e fixemos  outras actividades máis lúdicas como resolver un crebacabezas para coñecer os nomes dos outros clubes .

Cadx alumnx recibiu un adhesivo de recordo.

 Clube de 3º de EP : "O mellor clube"

Clube de 4º de EP: "Aventureirxs dos libros"
Clube de 5º de  EP: "Expertxs en lectura"
Clube de 6º  de EP : "Lectores sen rumbo"

Queredes practicar cos crebacabezas
Agora podedes facelos on line. Probade embaixo e a ver quen os resolve mais rápido. Escribide nos comentarios o voso  récord.

domingo, 6 de marzo de 2022

Nova mensaxe de Efrén

 Parece ser que Efren,  "a super estrela do cole", coma el di , ten algo que dicirvos porque acabamos de recibir unha nova mensaxe  :

"Nenas e nenos,  paseino moi ben na vosa festa de entroido. Grazas por invitarme.

  Agora  chega miña invitación para vós . Como que para que?   Fixestes o que vos pedín?  Xa tendes nome para o voso grupo? "

No video  que acompañaba a mensaxe tendes máis información, así que  mirádeo con atención...

mércores, 9 de febreiro de 2022

Clubes de Lectores ... en marcha!

Efrén tamén lles le contos aos seus amigos
Foron moitas as nenas e nenos que se anotaron para formar parte do clube de lectura ao que invitou Efrén,  así que poñeremos a andar  4 clubes de lectura, un por aula!  

O venres pasado tivemos a primeira  reunión _no patio_ e Efrén veu  repartir a cada grupo o  libro  que  van ler e explicou as normas para que o clube funcione e nos divirtamos todas e todos.

O funcionamento é moi sinxelo: Trátase  de ler un libro de maneira individual e ter unha reunión a primeira semana de cadas mes para comentar o que limos e facer outras actividades, que prometemos  van ser moooi divertidas. 

A primeira tarefa vai ser buscar un nome para o voso grupo de lectores. 

Seredes os " navegantes da lectura" ou "xs piratas"? Tamén podedes ser os "14 lectores" ou pertencer ao clube dos "libros máxicos"  ou ao clube "le con Efrén". 

Hai moitos nomes que podedes elixir. A ver que se vos ocorre!

domingo, 5 de decembro de 2021

Unha mensaxe de Efrén



 Efrén, ese amigo que habita no colexio aínda que non o vexamos e que se deixa ver  e nos  visita... cando el quere, todo hai que dicilo, ten un recadiño para vós. Envióunolo para que o publicaramos no blogue:

Efrén escribiu a mensaxe na Biblio

"Xa sabedes que a miña maior afección é a lectura e  por iso quero convidar ás nenas e nenos a formar parte dun clube moi especial...  - comentou - Mirade o video e respondede a esta mensaxe. Podesdes facelo deixando un comentario. Preciso voluntarias e voluntarios."  

Adiviñastes de que se trata? 

A ver se no video vos queda mais claro ...