Cada grupo mostrou a portada que deseñou para o seu libro, fixo un resumo do mesmo e recomendou a lectura aos compañeiros e compañeiras.
Cada nena/o recibiu un marcapáxinas coa portada que deseñou o seu grupo. Gustoulles moito!
Como un dos libros trata sobre un can, tivemos unha visita moi especial: A mamá de Xoel trouxo ao seu can Pipo, un golden retriever que está entrenado para axudar ao neno e que leva uns oito anos na familia. É moi suave e cariñoso e todas quixeron acariñalo e darlle unha aperta.
Por último, xogamos a "Quen é?" un xogo cunha mecánica moi sinxela: Todas as participantes colócanse formando un grupo. Precísanse dúas persoas , unha que pense nun dos participantes sen dicir o seu nome, e outra que adiviñe en quen está pensando. Para logralo ten que facer preguntas cuxa resposta sexa si/non para ir eliminando participantes . Cando o descubra, a persoa ten que dicir tres cousas sobre sí mesma. Moi divertido!
Ningún comentario:
Publicar un comentario