PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén

martes, 30 de maio de 2023
Apadriñamento Lector 2ª PARTE
Con motivo do Día do Libro, fixemos desde a Biblioteca un apadriñamento lector, semellante ao que fixemos no 1º Trimestre. Marabillosa experiencia para todos/as.
sábado, 27 de maio de 2023
ALIMÉNTATE BEN ( PARTE 5 )
martes, 23 de maio de 2023
Queremos saber a vosa opinión sobre as actividades da Biblio e

domingo, 21 de maio de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
Como todos o anos celebramos a romería das Letras Galegas. Este ano adicadas a Francisco Fernández del Riego.
Grazas a todas as familias que viñestes ata o cole para ver de primeira man as actuacións dos pequenos e pequenas. Tanto os teatros, coma as cancións coma as coreografías quedaron xenial. Menudo traballiño levaron as semanas previas. O esforzo pagou a pena.
Tamén quixemos facerlle desde o cole a nosa pequena homenaxe á nosa cociñeira Sara. Recordarémoste sempre, querida compañeira. 💗💗💗
mércores, 17 de maio de 2023
Clube de lectura
martes, 9 de maio de 2023
A NOSA HORTA
Un ano máis o noso cole participa no Plan Proxecta, "Aliméntate ben", apostando por unha educación en saúde, alimentación, sostenibilidade e respecto á contorna. Nós puxemos o noso gran de area plantando berzas, cebolas, tomates 🍅, pementos , fresas 🍓 ... coas nosas mans.
domingo, 7 de maio de 2023
Entrevista a Efrén
Clara e Pablo fan unha entrevista á nosa mascota Efrén. Completan o equipo Xiana e Daniela ( mesa de son e ordenador ) 26/04/2023
domingo, 30 de abril de 2023
luns, 24 de abril de 2023
xoves, 20 de abril de 2023
Os podcast de Efrén
Este apartado do Bloguesquio está adicado a amosar os podcast que imos facendo na nosa Radio Tarabela. Non a incluín dentro da Radio Tarabela para ter unha accesibilidade máis directa.
Leva por título " A aventura de ler en Toén " e podemos atopar fragmentos de libros que lles gustaron aos alumnos e alumnas. Desfrutade dos podcast :
- Minerva : " Investigators. Agentes con muchos dientes "
- Nico : " A vaca que puxo un ovo "
- Leire : " Vacas na cidade ? "
- Mateo : " A cousa que máis doe do mundo "
- Alba : "La diversión de Martina. Fin de curso en el paraíso "
- Ana : " Mi nombre es Stilton, Gerónimo Stilton "
- Clara : " Isadora Moon va al colegio "
- Gabriel : " Cuentos con corazón y mucha naturaleza "
- Sofía : Winnie the Pooh " Un tesoro dorado "
- Candela : Investigators " Hasta luego, cocodrilo "
- Noa : Gerónimo Stilton " El templo del rubí de fuego "
- Carlota : Futbolísimos " El misterio de los árbitros dormidos "
- Gael Regueiro : Los Pitufos " El espejo mágico de Gargamel "
- Toni : " Guía visual del mundo Pokemon"
- Alma : " Isadora Moon y el hada de los dientes "
- Aarón : Policán 10 " Madres borrascosas "
- Álvaro : " Un delegado increíble "
- Manuela : " Misterios a domicilio "
xoves, 13 de abril de 2023
mércores, 12 de abril de 2023
luns, 3 de abril de 2023
xoves, 30 de marzo de 2023
Día da POESÍA e da AUGA
Ola a todos e a todas !!
Desta vez estivemos de doble conmemoración. O día da poesía e o día da auga.
Como a ocasión o merecía, fixemos estas actividades na parte verde do noso cole, aínda que corría un chisquiño de aire, mais saíu todo xenial !!
Os encargados e encargadas da Biblio, foron os que leron os poemas, que como non, estaban relacionados coa auga. O fixeron marabillosamente ben !
Durante toda a semana, o alumnado preparou un debuxo para facer unha chapa e este día entregáronse todas e as luciron con moito orguio.
Para rematar, cantamos a canción " A auga é máxica ", preparada con moito agarimo pola mestra Begoña e o mestre Arturo. A mestre Iria preparou durante os ensaios a letra con linguaxe de signos.
Un fermoso día no que a poesía, a música e a creatividade artística se mesturaron e lle deron forma e outro día no colexio Saco e Arce.
martes, 28 de marzo de 2023
luns, 27 de marzo de 2023
domingo, 26 de marzo de 2023
Saída 3º e 4º á Biblioteca e ao Auditorio
Neste día, o alumnado de 3º e 41 de Primaria fixo unha visita á Biblioteca pública de Ourense e asistiron ao Auditorio a unha obra chamada " NAUTILUS, 20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO " escenificada pola Compañía La Negra.
Gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor proposta orixinal pola súa sensibilización medioambiental. Nautilus é unha versión da clásica novela de aventuras 20.000 leguas de viaje submarino cunha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta.
Día de Rosalía
Conmemorando o día de Rosalía e tendo sempre presente o noso proxecto anual sobre a AUGA, fixemos unha actividade moi chula decorando paraugas con temas relacionados con Rosalía.
Participou todo o cole para as decoracións e logo colgamos os paraugas na entrada do cole.
Quedounos super bonito !!!
mércores, 8 de marzo de 2023
domingo, 26 de febreiro de 2023
DÍA DAS MULLERES CIENTÍFICAS - Veterinaria de Moreiras
Hoxe, 11 de febreiro conmemoramos o día das mulleres e nenas científicas.
E para tal ocasión, a AFA contactou con Conchi, veterinaria de Moreiras.
Contounos cosas moi interesantes sobre como chegou a ser veterinaria.
Sabedes que todo xurdiu a partires da súa avoa Domicila ?? Daquela, as mascotas eran aqueles animais que proporcionaban para comer. Os cans e os gatos non eran considerados mascotas.
Contounos moitas anécdotas sobre o seu traballo. Sabíades que na súa profesión tamén se fan inspeccións a metadeiros, supermercados, etc... para comprobar que se cumpren as normas de hixiene e que a comida esté en bo estado ?
Tamén nos enteramos que existen veterinarias no exército e en laboratorios...
Unha xornada moi instructiva e educativa. Aprendimos moitas cousas e nos animou a perseguir os nosos soños.
Moitas grazas, Conchi !!!!!
PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS
Como actuar ante unha queimadura ?
Viñeron a darnos unha charla sobre estas cuestións relacionadas coa saúde e como actuar ente moitos supostos que se poden dar a diario. Torceduras, moratóns, atragantamentos....
Ademáis fixemos unha sesión práctica dunha RCP ( reanimación cardiopulmonar ) cos nosos peluches.
Foi unha sesión moi divertida á vez que moi importante
para todos !! Pasámolo xenial !!!
E salvamos a todos os peluches !!!!!
mércores, 22 de febreiro de 2023
ENTROIDO 2023
E chegou o ENTROIDO !!!
Non faltou ningún ingrediente nesta festa que celebramos no colexio.
Xoves de compadres e comadres, fareleiro, desfile, festival e algunha sorpresiña que foi xurdindo polo camiño...
O Proxecto deste curso, como ben sabedes, é a AUGA. Apareceron motivos relacionados co proxecto por todos lados, excepto no ceo. Tivemos uns días espectaculares para poder celebrar esta festa.
Grazas a todo o profesorado e aos nenos e nenas do cole polo tempo dedicado a ensaios, traxes...
Grazas tamén a todas as familias que vos achegastes ao colexio para ver o espectáculo.
Como non, ás famlias de 6º de primaria que argallaron o " Recuncho culinario " co fin de recaudar diñeiro para a excursión de 6º.
Todo saíu xenial. Apertiñas a todos e todas e a desfrutar do entroido !!!!
martes, 21 de febreiro de 2023
Carreira de Muíños
A actividade física tamén está presente no noso cole. Tan saudable para o corpo no seu aspecto físico como na súa parte emocional. Retomamos, por medio de Xogade, o Campo a través de Muíños.
Tivamos que esperar moito tempo para ir pois se foi aplazando desde o mes de Novembro e por fin tivemos a saída tan esperada por todos.
Un marabilloso día, nun entorno privilexiado e compartindo experiencias. Todo foi sobre rodas... e sobre pernas !!
Día da Paz
Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemoramos o día mundial da Paz.
Este curso, ten unha relevancia especial. Cando xa pensabamos que as guerras eran cousa do pasado, alá polo Século XX, aparece nos nosos días unha guerra tan absurda e innecesaria que berremos ben alto que
NON QUEREMOS METRALLETAS !!
QUEREMOS PANDEIRETAS !!
Plantemos en Toén cada un de nós unha árbore pola PAZ.
Regala e coidala é tarefa de todos e cada un de nós.
Para esa aventura, acompañounos hoxe Anxo Moure, escritor, contacontos, ecopacifista e amigo do noso colexio desde fai moitos anos. A última vez fumos invitados á súa casa de Mariz ( Chantada ), na aldea de Garabelos. Agora visitou o noso cole acompañado do seu patinete.
Pola mañá, todo o cole foi colocando un barquiño de papel cunha mensaxe de Paz ao longo do enreixado do colexio. Contra vento e marea, eses barquiños deben navegar polas ondas para chegar ao seu destino.
domingo, 15 de xaneiro de 2023
Mensaxe de Efrén para o Clube de Lectura
Parece que o noso Efrén deixou onte unha mensaxe para @s compoñentes do clube de lectura !!!
Picade no botón verde da mensaxe para escoitar o que nos quere contar Efrén !!
xoves, 5 de xaneiro de 2023
Coreografía de BLACKPINK
Érase un grupo de nenas do cole ás que lle gustaba un grupo de música coreano chamado Blackpink. Como eran 4, cada unha delas foi unha integrante do grupo... e comezaron a ensaiar as súas coreografías.
A súa dedicación a ensaiar os bailes durante o tempo do recreo, foi captando a atención de compañeiros e compañeiras do cole que querían velas. E comezaron a imitalas facendo os mesmos movementos.
Como mestre de música, non deixei escapar a ocasión de facer algo conxunto entre todos/as e comezamos a ensair unha das cancións de Blackpink no mes de outubro. Antes das vacacións de Nadal, fixemos a coreografía no ximnasio e non teño máis que palabras de eloxio para todo o alumnado pola dedicación, esforzo e compañeirismo que demostraron.
Lisa, Jisoo, Jennie e Rosé estarían moi orguiosas de vós. Gracias a todos/as e en especial a Leire, Antía, Uxía e Raquel por mostrar o camiño.