Ola familias do CEIP Saco e Arce.
Comezamos un novo curso, o correspondente á temporada 23-24.
Xa temos as pilas cargadas e desexamos aprender moitas cousas, desfrutar da nosa aprendizaxe cos compañeiros e compañeiras deste curso e afondar os nosos coñecementos sobre un montón de cousas novas que iremos vendo ao longo do curso.
De anticipo, déixovos o lema deste curso pertencente ao proxecto de centro que imos levar a cabo, este curso adicado á IGUALDADE DE XÉNERO.
Boas prácticas
para fomentar a igualdade no entorno escolar
A base da
educación en igualdade está n afirmación dunha actitude crítica desde a
infancia. Non debemos infravalorar esta etapa, posto que desde o nacimento xa
se constitúe a identidade de xénero da persoa e se establecen os pilares sobre
os que se desenvolverá a personalidade do individuo e os seus valores.
A mellor
forma de fomentar a igualdade é practicar co exemplo. De nada serve promover o
rexeitamento á discriminación de xénero con actividades socioeducativas, se no
día a día non nos esforzamos por transmitilo cos nosos valores, actitudes e
formas de expresión.
Como en
todos os ámbitos educativos, o reforzo positivo posúe moita máis forza e oferta
mellores resultados. A atención e o afecto son o mellor estímulo para que o
alumnado incorpore os valores de igualdade no deu desenvolvemento.
A
realización de dinámicas coeducativas e de fomento da igualdade non deben ser una
actividade puntual, se non formar parte da rutina diaria. Calquera actividade
ou xogo pode ser o escenario perfecto para practicar a igualdade de
oportunidades.
Lembrar así
mesmo que a Igualdade de xénero é un dos obxectivos do desenvolvemento sostible
https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/gender-equality/
Ningún comentario:
Publicar un comentario