martes, 30 de maio de 2023

Apadriñamento Lector 2ª PARTE


Con motivo do Día do Libro, fixemos desde a Biblioteca un apadriñamento lector, semellante ao que fixemos no 1º Trimestre. Marabillosa experiencia para todos/as. 

sábado, 27 de maio de 2023

ALIMÉNTATE BEN ( PARTE 5 )


No cole seguimos aprendendo e traballando para comer san, pois é tan importante como saber inglés ou matemáticas. Se queredes ver e aprender coma nós, ollade...




martes, 23 de maio de 2023

 

ENQUISAS 2023
Precisamos duns minutiños do voso tempo para que respondades  a enquisa que vos corresponde e nola enviedes.
Queremos saber a vosa opinión sobre as actividades da Biblio  e
tamén as vosas suxestións.

Se estás en 3º/4º/5º ou 6º de EP cumprimenta esta enquisa picando na ligazón.

Respondede ás preguntas picando na ligazón.

Picade na ligazón e respondede as preguntas.



domingo, 21 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 Como todos o anos celebramos a romería das Letras Galegas. Este ano adicadas a Francisco Fernández del Riego.

Grazas a todas as familias que viñestes ata o cole para ver de primeira man as actuacións dos pequenos e pequenas. Tanto os teatros, coma as cancións coma as coreografías quedaron xenial. Menudo traballiño levaron as semanas previas. O esforzo pagou a pena.

Tamén quixemos facerlle desde o cole a nosa pequena homenaxe á nosa cociñeira Sara. Recordarémoste sempre, querida compañeira. 💗💗💗

mércores, 17 de maio de 2023

Clube de lectura


 

Neste curso os clubes de lectura xa fixeron algunhas aventuras, xuntanzas, lecturas, xogos e agasallos.
Ollade algunhas... !!

martes, 9 de maio de 2023

A NOSA HORTA





Un ano máis o noso cole participa no Plan Proxecta, "Aliméntate ben", apostando por unha educación en saúde, alimentación, sostenibilidade e respecto á contorna. Nós puxemos o noso gran de area plantando berzas, cebolas, tomates 🍅, pementos , fresas 🍓 ... coas nosas mans.
Agora temos que coidar a nosa horta con auga fresca, sol e moito agarimo.





domingo, 7 de maio de 2023

Entrevista a Efrén

 Clara e Pablo fan unha entrevista á nosa mascota Efrén. Completan o equipo Xiana e Daniela ( mesa de son e ordenador ) 26/04/2023