Amosando publicacións coa etiqueta FamiliasContan2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FamiliasContan2016. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de maio de 2016

As familias contan : o papá de Antonio

19 de maio: As familias continúan compartindo connosco o seu tempo e as súas lecturas.  Antonio, o papá de Antonio Manuel, achegouse ao cole para lernos o conto "O desexo do Gato Klops"; un conto co que aprendemos que todos e todas somos valiosos e dignos de ser queridos aínda que non sexamos perfectos. 



GRAZAS POLA VISITA!

luns, 9 de maio de 2016

As familias contan: Iria e Adán

Venres, 6 de maio: Os papás de Martiño e Gabriel contáronnos o conto "As viaxes de Mimo" e  leváronnos en busca de persoas e culturas diferentes.




GRAZAS!!

luns, 2 de maio de 2016

As familias Contan: os papás de Álvaro

 29 de abril: Sira, a irmanciña de Álvaro, acompañou a Vanessa e David mentras nos contaban o conto "Crisol e a súa estrela". Estivo moi interesada na lectura ... E nós tamén.


GRAZAS por vir!!

As familias contan: A mamá de Antón

28 de abril: Patricia leunos en galego o conto "Antón el ratón"




GRAZAS 

As familias contan: papá de Martín

27 de abril: Ángel contounos o conto de "Cocorico" e gustounos un montón.




GRAZAS!

As familias contan: : os papás de Dani

26 de Abril: Inés e Jose, acompañados por Lucía, viñeron a contarnos o conto dunha nena que nunca quería ir á cama. Nós ata fixemos de caracois para axudala, e ao final conseguiu "durmir  coma un tigre" para repoñer forzas.




GRAZAS pola vosa compañía!!

mércores, 27 de abril de 2016

As familias contan: A mamá de Artai

26 de abril: Con Antía e o conto "Rosa Caramelo" aprendemos que non se poden facer diferenzas entre as persoas en función do seu xénero : as nenas e os nenos somos iguais e podemos facer as mesmas cousas.


Grazas!

venres, 22 de abril de 2016

As familias contan: A Mamá de Theo

Mila leunos o conto "Pilú, Pilú" onde un pequeno e indefenso paxaro é o que  resolve o problema dun enorme e temible crocodilo.
Con este conto aprendemos que non hai que subestimar aos demáis, por pouca cousa que parezan.


Grazas pola vosa colaboración!

As familias contan: a irmá de Candela

María ten 14 anos e estudou no noso cole. Achegouse a facer unha visita e aproveitou para contarnos o conto "A princesa Sabela". Con ela descubrimos que levar coroa, usar roupa de princesa e sorrir todo o día non é divertido. 




Grazas por acompañarnos!

As familias contan: Mamá de Uxía

21 de Abril: Lucía  contounos un conto sobre os medos e como aprender a vencelos. 
Algún de vós ten un pixama máxico? 
Non?
Pois... a que esperades para pedírllo a papá ou a mamá?


As familias contan: Mamá de Aroa

Pili, a mamá de Aroa achegounos o conto "Xiana, a nena pirata". Con ela zarpamos no Vagalume, o barco pirata e a súa tripulación en busca de aventuras...





Grazas polo teu tempo!

As familias contan: papá de Carlota

20 de Abril: Pascual, o papá de Carlota leu o conto "Guadalupe Topo"




Grazas por vir!


As familias contan: Mamá de Xiana e Breogán

19 de Abril: Cristina trouxo con ela a Latexiño para que lle axudase a contar o conto "O monstro de cores", un libro que fala de sentimentos ...





GRAZAS!

xoves, 21 de abril de 2016

As familias contan: Jose e Lidia

Día 15 de Abril

O papá de anxo e Sara contounos o conto "Unha historia fantástica"



Lidia, a avoa de Candela e Lara agasallounos co conto "La fea durmiente".  Con el aprendemos que a apariencia das persoas non é o importante .



Moitas grazas aos dous!

As familias contan: Mamá de Enma e Inés

Día 14 de Abril: Begoña, mamá de Enma e Inés deleitounos co conto "Os músicos de Bremen"



Grazas!

As familias Contan: Mamá de Darian

Día 13 de Abril: Angélica achegounos o conto "Oruga Piluca"




Grazas !

As familias Contan: Papá de Hugo e Valeria

Día 11 de Abril:  Antonio, o papá de Valeria e Hugo contounos o conto "101 dálmatas"



Grazas!