sábado, 25 de febreiro de 2012

Entroido no cole

Como en anos anteriores, tod@s no Cole disfrazámonos segundo o tema do  Proxecto no que estivemos traballando:   "O circo".

O  patio do colexio  encheuse de colorido... E de leóns, pallas@smalabaristas,  trapecistas,  equilibristas ... E a banda do circo tampouco quixo faltar á cita.


Como podedes ver nas imaxes, foi un día cheo de ledicia e cor. Recibimos  a visita das nosas familias, de  antigas  compañeiras e compañeiros e de futuras e futuros alumnos...

Desfilamos cos disfraces que nos axudaron a facer @s "profes" e as mamás.


E, como ven sendo habitual,  as nais e pais da ANPA agasalláronnos cunha merenda... para chupar os dedos!


Pasámolo ... XENIAL.

Aquí vos deixo o noso desfile de entroido...
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow customized with Smilebox

E esta é a letra que os nen@s de 3º ciclo reescribiron baseándose na canción "Xabarín xa te vin", de Yellow Pixoliñas para o Xabarín Club. 


mércores, 22 de febreiro de 2012

24 de febreiro, Día de Rosalía


Escribir en galego no século  XIX, é dicir, na época na que viviu Rosalía, non resultaba nada fácil. A lingua galega estaba desprestixiada socialmente e Rosalía, co seu libro "Cantares Galegos"devolveulle  a importancia que tivera en épocas anteriores. 
Por iso, cada 24 de Febreiro lembramos o seu nacemento e o seu compromiso coa lingua galega . Ler a súa obra é unha boa maneira de renderlle homenaxe.
Agora podes ver estes videos e cantar algúns poemas de Rosalía


Build your own custom video playlist at embedr.com top web hosting

sábado, 18 de febreiro de 2012

21 de Febreiro, Día da Lingua Materna

 A lingua materna é aquela en que os nenos aprenden a falar, e, como dixo o poeta,é  “a chave coa que abrimos o mundo”.
Ter  unha lingua e cultura propia amplíanos o universo de comunicación, as posibilidades de elección e constitúe unha ponte que facilita o acceso a outros idiomas e culturas. É  unha marca que nos fai diferentes e nos dá prestixio, que nos sitúa no mundo como unha colectividade que ten algo   distinto para ofrecer. 
Todos os pais e nais queren o mellor para os seus fillos, todos anhelan que o seu labor educativo dea froitos en forma de persoas sas e seguras de si. persoas abertas, libres e tolerantes. En suma, persoas felices. 
Sen dúbida, é parte desta tarefa amosar respecto e interese por todos os idiomas para, así, trasladarlles a aqueles a quen educamos unha actitude positiva cara á diversidade lingüística e cultural da humanidade.
O Día Internacional da Lingua Materna foi establecido pola UNESCO e vense celebrando dende o ano 2000 para promover a diversidade lingüistica e cultural. 
O lema deste ano é: 
"O ensino na lingua materna e unha educación inclusiva"
"Aprender nunha lingua  que entendan é vital para que @s nen@s disfruten do seu dereito a unha educación de calidade. A Lingua Materna e unha Educación Multilingüe  son  claves para reducir a discriminación, promover a inclusión e mellorar os resultados da aprendizaxe para tod@s." (mensaxe do cartel)
Usemos e defendamos a nosa lingua neste día, pero tamén todos os demáis días do ano!
 Se queres máis información sobre este día, visita:
- Páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística: http://www.xunta.es/linguagalega/dia_internacional_da_lingua_materna_2011

venres, 10 de febreiro de 2012

Xoguemos ao Pikipalabra

Gústavos xogar coas palabras?
A mín si. 
Atopei este xogo no Dpto. de educación de Navarra e todos os días practico un pouco.
Animádevos! 
Picade na imaxe e... A XOGAR!
 Cando esteades preparad@s, podemos formar un equipo e ir a algún concurso da "tele".
Seguro que gañamos!!

domingo, 5 de febreiro de 2012

Había unha vez... un circo!

O proxecto deste mes vai ser ... O CIRCO.
Que divertido, verdade? 
A quen non lle gusta ir ao circo e disfrutar cos pallasos, os malabaristas, os trapecistas, os domadores...?
A min encántame. 
Porque... que sería a vida sen risas? Seguro que faltaría algo ... Acompañádesme?
Aquí vos deixo algúns recursos:

  •  Para escoitar
Música ambiental do circo de Miliki
Musica do Circo del Sol
Poesías sobre o circo,  recitadas
  •  Para xogar
"El circo" para EI e 1º C  (do CNICE)
Pallasos malabaristas, atopado en   juegoswapos
  • Para ver 
Vídeos de circo (do blog Circo y poesía)

  • Para ler
Coleta la payasa, de Gloria Fuertes
Recopilación de poemas sobre o circo

  • Para aprender 
O circo: circos mais populares , orixe dos pallasos, pallasos famosos, malabaristas, magos ... (do blog Circo y poesía)


xoves, 2 de febreiro de 2012

Sementando a paz na escola

Estas son algunhas das actividades que fixemos este ano:

  •   PAZ-abecediario.
Repartimos as letras do alfabeto entre todas as clases. 
Tiñamos que facer fotografías que representasen "palabras bonitas" que comezasen ou contivesen as letras que nos tocaran. 
Aquí tendes o resultado:

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
  • Reporteiros pola paz
Observamos que nos xornais non é doado atopar boas noticias.
  Por iso, a nosa tarefa foi escribir boas  novas que nos gustaría ver publicadas nun xornal. Somos optimistas e, aínda que teñamos que agardar, confiamos en que os nosos desexos se farán realidade algún día.
Este é o noso periódico:
 
  • A paz é o camiño: Sementando a paz polo mundo
Cada grupo investigou sobre algunha das persoas ou institucións  galardoadas co Premio Nobel da Paz. Coa información tivemos que completar  unha das follas dun libro colectivo que tiñamos na  entrada  e expoñer o noso traballo diante d@s compañeir@s.


 
  • Todos os anos cantamos o noso himno de PAZ.
Escribímolo nós, adaptando a canción "We will rock you" do grupo británico QUEEN.
Cada ano, imoslle engadindo unha estrofa.