A lingua materna é aquela en que os nenos aprenden a falar, e, como dixo o poeta,é “a chave coa que abrimos o mundo”.
Ter unha lingua e cultura propia amplíanos o universo de comunicación, as posibilidades de elección e constitúe unha ponte que facilita o acceso a outros idiomas e culturas. É unha marca que nos fai diferentes e nos dá prestixio, que nos sitúa no mundo como unha colectividade que ten algo distinto para ofrecer.
Todos os pais e nais queren o mellor para os seus fillos, todos anhelan que o seu labor educativo dea froitos en forma de persoas sas e seguras de si. persoas abertas, libres e tolerantes. En suma, persoas felices.
Sen dúbida, é parte desta tarefa amosar respecto e interese por todos os idiomas para, así, trasladarlles a aqueles a quen educamos unha actitude positiva cara á diversidade lingüística e cultural da humanidade.
O Día Internacional da Lingua Materna foi establecido pola UNESCO e vense celebrando dende o ano 2000 para promover a diversidade lingüistica e cultural.
O lema deste ano é: "O ensino na lingua materna e unha educación inclusiva"
"Aprender nunha lingua que entendan é vital para que @s nen@s disfruten do seu dereito a unha educación de calidade. A Lingua Materna e unha Educación Multilingüe son claves para reducir a discriminación, promover a inclusión e mellorar os resultados da aprendizaxe para tod@s." (mensaxe do cartel)
Usemos e defendamos a nosa lingua neste día, pero tamén todos os demáis días do ano!
Se queres máis información sobre este día, visita:
- Páxina da ONU :http://www.un.org/es/events/motherlanguageday/
- Páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística: http://www.xunta.es/linguagalega/dia_internacional_da_lingua_materna_2011
Ningún comentario:
Publicar un comentario