Como en anos anteriores, tod@s no Cole disfrazámonos segundo o tema do Proxecto no que estivemos traballando: "O circo".
O patio do colexio encheuse de colorido... E de leóns, pallas@s, malabaristas, trapecistas, equilibristas ... E a banda do circo tampouco quixo faltar á cita.
Como podedes ver nas imaxes, foi un día cheo de ledicia e cor. Recibimos a visita das nosas familias, de antigas compañeiras e compañeiros e de futuras e futuros alumnos...
Como podedes ver nas imaxes, foi un día cheo de ledicia e cor. Recibimos a visita das nosas familias, de antigas compañeiras e compañeiros e de futuras e futuros alumnos...
Desfilamos cos disfraces que nos axudaron a facer @s "profes" e as mamás.
E, como ven sendo habitual, as nais e pais da ANPA agasalláronnos cunha merenda... para chupar os dedos!
Pasámolo ... XENIAL.
Aquí vos deixo o noso desfile de entroido...
Free photo slideshow customized with Smilebox
E esta é a letra que os nen@s de 3º ciclo reescribiron baseándose na canción "Xabarín xa te vin", de Yellow Pixoliñas para o Xabarín Club.
|
ENCÁNTAME...
ResponderEliminar