Ola, queridas nenas e queridos nenos:
Aquí estou de novo ¿Como
estades? ¿Qué tal as vacacións? ¿Que tal ese verán lector?
Eu acabo de chegar . Aínda nen desfixen as maletas... A que vos dedicastes vós todo o verán? Eu lin un montón de libros e estiven moi ocupado, coma
sempre, viaxando e buscando máis novidades para traer á nosa Biblio.
Preparádevos, que veño cargado de ideas!!
A partir de hoxe xa podedes vir a biblioteca cando queirades.
É moi importante que recordedes as normas, para que ninguén esqueza que a Biblio é de todos e de todas, e polo tanto debemos axudar no seu coidado para que continue sendo o noso lugar de encontro.Espérovos!
Aínda que non me vexades, eu estarei pendente de que non vos falte nada e de atender as vosas suxestións.
Tamén espero que teñades un bo comezo da “HORA
DE LER”.
Anímovos a que
disfrutedes dese tempiño, e aproveitedes para emprender unha nova lectura que
vos apeteza.
O
ano pasado fixéstelo moi ben e os resultados foron estupendos.
Cantos libros lemos ao longo o curso!!
E agora, antes de preparar a mochila, mirádevos ao espello e comprobade se estades completiños, ou se vos falta algunha das partes que debe ter calquera lector....