xoves, 25 de febreiro de 2016

Rosalía , sempre!

Coma todos os anos, todo o colexio se implicou na celebración do Día de Rosalía.
Comezamos facendo unha postal co retrato da autora  e escribindo dentro un dos seus poemas:


Movie Maker: Rosalia 5º-6º - Diapositivas

Cada clase elixiu un poema da autora. Os máis pequenos recitaron :

EI: O Moucho
Rosalia2016EI from Efren Esquio on Vimeo.

1º e 2º: Adios ríos, adiós fontes
rosaliaPrimeiroSegun from Efren Esquio on Vimeo.

Rosalía estaba moi familiarizada coa música popular e máis de 170 anos despois son moitos os músicos que escollen os seus versos para poñerlles música e cantalos . 
Luz Casal, Amancio Prada ou a rapeira Aid non se resistiron á musicalidade das súas palabras. 
Nós tampouco. 
Por iso, as nenas e nenos maiores elixiron dous poemas con música:
3º: Negra sombra


rosalia2016_terceiro from Efren Esquio on Vimeo.

4º, 5º e 6º : Alborada
rosalia2016_4_5e6 from Efren Esquio on Vimeo.

Tiñamos previsto achegarnos ata a praza de Toén  e ata o Concello para recitar e cantar os nosos poemas, pero a chuvia non permitiu a saída.....
O Sr. Alcalde interesouse pola actividade e foi él o que se achegou ao colexio para acompañarnos
GRAZAS!




As nenas e nenos elaboraron cadansúa postal empregando o modelo que nos fixo chegar a AELG . Pedímoslles que, despois de ler os versos, realizaran un debuxo en torno á figura de Rosalía  Están expostas no taboleiro e a cada unha correspondeulle  un número .Agora queda  facer a  votación para elixir a que máis nos gusta.


Postais_Rosalia - Kizoa Movie Maker

Outra das actividades foi elixir un poema e ilustralo cunha foto. Este foi o resultado:

<

luns, 22 de febreiro de 2016

A canción do entroido

@s nen@s, xunto coa profe de música, escribiron a letra da canción do entroido. Coma todos os anos, ten que ver co proxecto no que estamos traballando.

domingo, 14 de febreiro de 2016

Entroido entre viñetas

Continuando  coa tradición xa asentada no colexio de deseñar os  disfraces segundo o Proxecto no que estamos traballando, este ano tocoulle ao mundo da banda deseñada.
En cada clase, os nenos e nenas  elaboraron as súas vestimentas axudados pol@s profes. Tamén axudaron as mamás, papás ... sobre todo aos máis pequenos.
Outra tradición que queremos manter viva é a das "comedias" que se representaban durante o Entroido en Mugares. Por iso as nenas e nenos de cada clase preparan unha representación ( teatro, baile, canción ...) que escenifican diante das familias que veñen a disfrutar da festa.

E. Infantil: Os Bolechas



1º EP:  A eiruga Giotto



2º EP : Super Patata



3º EP: Os Superheroes



4º de EP : Os castrexos de Toenius 



5º e 6º de EP: Os Simpson

mércores, 10 de febreiro de 2016

A PAZ é cousa de tod@s


  - Na Biblioteca escolar houbo unha exposición de libros con valores , que levan implícitos mensaxes de amizade, tolerancia, diversidade, respecto ... 


- Como  en anos anteriores, propuxemos elaborar o Xornal pola  PAZ , que difunde noticias que  levan ao entendemento entre as persoas e accións que promoven mellorar as relacións entre os pobos.
Como adoita resultar difícil atopar estas noticias nos xornais, sos os nenos e nenas os que idean estas boas novas  para contaxiar con elas aos lectores


Grazas a todas e todos os que colaborastes nesta iniciativa .



- Na clase de música, os alumnos/as fixeron unha adaptación ao galego da canción "Baixo o mesmo sol" que cantan Álvaro Soler e Jennifer Lopez.



 - Os nenos e nenas de 4º representaron unha versión do  conto "A Bruxa Discordia"


- O noso Taboleiro da Lingua encheuse de palabras necesarias para construir a PAZ e a CONVIVENCIA: Bicos, Perdón, Solidariedade, Axuda, Xustiza,  Apertas  ... 

Os mandados de Efrén

Toda a semana fomos seguindo os mandados de Efrén, a nosa mascota...