Comezamos facendo unha postal co retrato da autora e escribindo dentro un dos seus poemas:
Movie Maker: Rosalia 5º-6º - Diapositivas
Cada clase elixiu un poema da autora. Os máis pequenos recitaron :
EI: O Moucho
Rosalia2016EI from Efren Esquio on Vimeo.
1º e 2º: Adios ríos, adiós fontes
rosaliaPrimeiroSegun from Efren Esquio on Vimeo.
Rosalía estaba moi familiarizada coa música popular e máis de 170 anos despois son moitos os músicos que escollen os seus versos para poñerlles música e cantalos .
Luz Casal, Amancio Prada ou a rapeira Aid non se resistiron á musicalidade das súas palabras.
Nós tampouco.
Por iso, as nenas e nenos maiores elixiron dous poemas con música:
3º: Negra sombra
rosalia2016_terceiro from Efren Esquio on Vimeo.
4º, 5º e 6º : Alborada
rosalia2016_4_5e6 from Efren Esquio on Vimeo.
Tiñamos previsto achegarnos ata a praza de Toén e ata o Concello para recitar e cantar os nosos poemas, pero a chuvia non permitiu a saída.....
O Sr. Alcalde interesouse pola actividade e foi él o que se achegou ao colexio para acompañarnos
GRAZAS!
As nenas e nenos elaboraron cadansúa postal empregando o modelo que nos fixo chegar a AELG . Pedímoslles que, despois de ler os versos, realizaran un debuxo en torno á figura de Rosalía Están expostas no taboleiro e a cada unha correspondeulle un número .Agora queda facer a votación para elixir a que máis nos gusta.
Postais_Rosalia - Kizoa Movie Maker
Outra das actividades foi elixir un poema e ilustralo cunha foto. Este foi o resultado:
<
Fermosos traballos!
ResponderEliminar