mércores, 16 de marzo de 2016

BD en feminino

Luís Dávila , Día da Muller 2016

As mulleres e as nenas tamén poden ser protagonistas da Banda Deseñada.
Buscando pola biblioteca atopamos  uns cantos libros onde as protagonistas son  de xénero feminino.





Marcopola, de Jacobo Fdz Serrano. Antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Unha mañá,   un  obxecto estraño apareceu na súa praia e comezaron as aventuras...

As Witch   son cinco rapazas que van á mesma escola. Chámanse  Will, Irma, Taranee, Cornelia e Hay Lin, de ahí ven o nome do grupo. Todas teñen poderes e realizan misións que tratan de manter a orde no mundo

Mafalda: Ë unha nena creada polo debuxante arxentino Quino  que se mostra moi preocupada pola humanidade e a paz mundial e protesta polo estado do mundo que herdará dos maiores.

Esmeralda  de  Sara Rojo. Lina é unha nena que , acompañada da lagartixa Esmeralda , se mete de polizón no barco no que vai o seu pai disfrazada de rapaz para pasar mais desapercibida. Viaxando, vive moitas aventuras e aprende  moitas cousas

Natalia, de  Sergio Salma. É unha nena inqueda e moi traviesa.

Vida de nai  de  Gemma Sesar . É un libro sobre unha muller que é nai e empresaria. Traballa na casa e fóra da casa  porque ten dous  nenos pequenos . Analiza o papel da muller traballadora na sociedade actual e aborda o tema da conciliación laboral e familiar.  

Silvana   de Ramón Marcos . É  unha historia de aventuras e misterio. A protagonista é intrépida e valente. É a filla dun famoso explorador que se atopa na selva de Sumatra levando a cabo unha expedición zoolóxica. Vive grandes aventuras e sempre ten un papel destacado na resolución dos misterios   

Esther, de  Purita Campos. É un cómic dos  anos 80. A protagonista é unha rapaza soñadora e idealista, de bo corazón pero con  tendencia a meterse en lios. 



O  que pretendemos con esta actividade foi que o alumnado observase  os diferentes roles que poden desenvolver as nenas, e polo tanto as mulleres. Todas as protagonistas son  aventureiras, intrépidas e intelixentes.
Que non se queden cos estereotipos negativos que poden  aparecer nos debuxos animados: mulleres indefensas relegadas ao papel de noiva, nai, muller ou acompañante do protagonista ou mulleres preocupadas polo aspecto físico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario