En varias ocasións tivemos a sorte de contar coa visita de redactores e redactoras do xornal La Voz de Galicia para explicarnos como desenvolvían a súa xornada laboral. Por iso coñecemos a súa rutina de traballo.
O primeiro que adoitan facer cada mañá é unha reunión de equipo para decidir que noticia vai escribir cada un. Cada periodista, ten unha sección: deportes, educación, política, sociedade . . .
Durante a mañá, redactan a noticia, piden opinións, contrastan a información para ter un criterio propio. Ás veces piden axuda aos maquetistas para que a adapten á páxina, aos infografistas para que deseñen e engadan gráficos e aos fotógrafos que se encargan de ilustrar a noticia con fotos.
Así ata a primeira hora da tarde, que é cando teñen a segunda reunión, para decidir onde vai cada noticia.
A profe explicounos cales son as funcións do Redactor/a Xefe:
Ten que ocuparse de que haxa contidos variados, orixinais, que sexan verídicos…
Pode aportar suxerencias, corrixir os traballos dos periodistas do equipo ou en último caso decidir se se publican ou non.
- Decidimos entre todos/as quen vai ser o redactor/a xefe, que vai supervisar o traballo periodístico e distribuír as seccións
- Comezamos cunha reunión, para decidir que noticia vai escribir cada un/ha. O redactor/a xefe controla que haxa noticias das distinas seccións: noticias de actualidade, cultura, ocio, deportes, anuncios, tira cómica, entrevistas . .
- Cando xa decidamos que noticia imos escribir, informarémonos, faremos entrevistas, pediremos asesoramento ao redactor/a xefe para que a nosa aportación estea completa e non teña erros e tamén para que haxa variedade de traballos.
- Iremos publicando no blogue O Souto dos Laretas unha entrada cos nosos traballos.
Tomamos decisións |
Votamos para elixir ao Redactor/a Xefe |
Eliximos a sección da que nos imos ocupar cada un |
Anotamos as diferentes seccións que aparecen no xornal |
Comentamos as noticias |
O REDACTOR XEFE |
Ningún comentario:
Publicar un comentario