Cada ano por estas datas dedicamos un día á plantación de árbores, polo xeral sempre nas inmediacións do cole. Levamos plantando árbores xa dende moitos anos atrás e contamos cunha grande variedade de especies diferentes no patio do cole: acivros, bidueiros, cancereixos, carballos, castiñeiros, nogueiras, pradairos, sobreiras…
Este ano plantamos un érbedo, un carballo e unha sobreira. Tamén nos encargamos de coidalos, disfrutamos da súa sombra e tamén dos seus froitos.
A Deputación de Ourense achega propostas e materiais para traballar estas conmemoracións nas aulas, agasallando a cada alumno/a co conto
“Dona Pinga e Don Carballo fan amizade” un recurso máis co que contaremos ao longo destes días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario