O día 22 de marzo é o día que dedicamos á auga, a tomar conciencia do aprezo e coidado que merece este elemento imprescindible para a vida no planeta.
En Galicia a auga está moi presente: na chuvia,nos mananciais , nos regatos, nos encoros, nos balnearios, nas pozas de augas termais, no mar...A auga molla, a auga cura, a auga apaga a sede, a auga refresca, a auga relaxa ...
Como non podía ser doutra maneira, moitos poetas e poetisas dedicáronlle os seus versos a auga.
Podedes ler a escolma que atoparedes a continuación, escoller un dos poemas e fotografar unha paisaxe na que a auga estea moi presente e que ilustre a vosa elección. Tamén podedes buscar na biblioteca ou na internet un poema da nosa literatura que teña como temática a auga.
As fotos presentadas participarán no II Concurso de fotografía "Galicia, Auga e Literatura"
Ningún comentario:
Publicar un comentario