mércores, 10 de febreiro de 2016

A PAZ é cousa de tod@s


  - Na Biblioteca escolar houbo unha exposición de libros con valores , que levan implícitos mensaxes de amizade, tolerancia, diversidade, respecto ... 


- Como  en anos anteriores, propuxemos elaborar o Xornal pola  PAZ , que difunde noticias que  levan ao entendemento entre as persoas e accións que promoven mellorar as relacións entre os pobos.
Como adoita resultar difícil atopar estas noticias nos xornais, sos os nenos e nenas os que idean estas boas novas  para contaxiar con elas aos lectores


Grazas a todas e todos os que colaborastes nesta iniciativa .



- Na clase de música, os alumnos/as fixeron unha adaptación ao galego da canción "Baixo o mesmo sol" que cantan Álvaro Soler e Jennifer Lopez.



 - Os nenos e nenas de 4º representaron unha versión do  conto "A Bruxa Discordia"


- O noso Taboleiro da Lingua encheuse de palabras necesarias para construir a PAZ e a CONVIVENCIA: Bicos, Perdón, Solidariedade, Axuda, Xustiza,  Apertas  ... 

Ningún comentario:

Publicar un comentario