Érase un grupo de nenas do cole ás que lle gustaba un grupo de música coreano chamado Blackpink. Como eran 4, cada unha delas foi unha integrante do grupo... e comezaron a ensaiar as súas coreografías.
A súa dedicación a ensaiar os bailes durante o tempo do recreo, foi captando a atención de compañeiros e compañeiras do cole que querían velas. E comezaron a imitalas facendo os mesmos movementos.
Como mestre de música, non deixei escapar a ocasión de facer algo conxunto entre todos/as e comezamos a ensair unha das cancións de Blackpink no mes de outubro. Antes das vacacións de Nadal, fixemos a coreografía no ximnasio e non teño máis que palabras de eloxio para todo o alumnado pola dedicación, esforzo e compañeirismo que demostraron.
Lisa, Jisoo, Jennie e Rosé estarían moi orguiosas de vós. Gracias a todos/as e en especial a Leire, Antía, Uxía e Raquel por mostrar o camiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario