Por que lemos? Porque fomenta a imaxinación? ou porque adquirimos coñecementos? ou para gozar dunha boa historia?
Pode ser que, se lle preguntamos a un adulto, nos responda que o fai porque é unha maneira, consciente ou inconsciente de dedicarse un pouco de tempo a un mesmo; ou porque lle permite esquecer os problemas, poñer a mente en branco e olvidar o estrés.
- Para min ( fálavos Efrén, por se non vos derades conta) ler é un relax, unha distración, unha festa. Dende que collo un libro, ao ver a tapa, ao ler o título, a miña imaxinación xa se pon en acción. Ao mellor estades pensando "A min iso non me pasa" , pero as cousas hai que probalas varias veces para afeccionanrnos a elas.Mirade este video e veredes que as razóns para ler son moitas mais das que pensades ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario