O venres pasado tivemos a primeira reunión _no patio_ e Efrén veu repartir a cada grupo o libro que van ler e explicou as normas para que o clube funcione e nos divirtamos todas e todos.
O funcionamento é moi sinxelo: Trátase de ler un libro de maneira individual e ter unha reunión a primeira semana de cadas mes para comentar o que limos e facer outras actividades, que prometemos van ser moooi divertidas.
A primeira tarefa vai ser buscar un nome para o voso grupo de lectores.
Seredes os " navegantes da lectura" ou "xs piratas"? Tamén podedes ser os "14 lectores" ou pertencer ao clube dos "libros máxicos" ou ao clube "le con Efrén".
Hai moitos nomes que podedes elixir. A ver que se vos ocorre!
Os héroes da Lectura. Darían.
ResponderEliminar