luns, 13 de outubro de 2014

Un proxecto con moita ARTE

Comezamos este curso poñendo en marcha un novo  proxecto; o proxecto no que todo o cole traballará de forma colaborativa : ESCOLA DE PINTORES.
Con el pretendemos achegar as nenas e nenos ao mundo da ARTE, máis concretamente ao mundo da PINTURA.
A arte é unha boa estratexia para a educación en todas as áreas. Nos primeiros anos, potencia o pensamento crítico, reflexivo e creativo. É unha ferramenta de aprendizaxe que  estimula a crear e innovar. Cando @s nen@s poden coñecer e apreciar obras de arte, estimulamos a súa sensibilidade e brindámoslles un modelo no que apoiarse. A actividade de crear é produto da capacidade de cada persoa para imaxinar, buscar e inventar, polo que xa dende pequenos debemos procurar que disfruten de actividades artísticas, usando a imaxinación e expresando libremente as súas ideas.
Ao estimular a libre expresión, todas as artes contribúen a desenvolver un aspecto esencial:a creatividade.
Segundo  o manifesto "20 razóns polas que a arte é boa para os nenos" do Museo de Arte para nen@s  MOCHA (Museum of Children's Arts- Oakland, California, USA), a arte estimula o cerebro, fomenta a autoestima, favorece a coordinación e a expresión, ensina a pensar e a resolver problemas. A arte é valiosa por sí mesma e, a través dos seus traballos, os rapaces/as aprenden a valorarse a sí mesmos e a mundo que os rodea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario