O Samaín celebrábase hai mais de 2500 anos en todo o territorio celta na noite do 31 de octubre con motivo do remate da temporada de colleitas e a chegada do inverno.
Os druídas consideraban esta data un momento perfecto para reverenciar as ánimas dos mortos que voltaban ás súas antigas casas a visitar ás súas familias, quentárense a carón do lume e comer os alimentos que os parentes con agarimo lles tiñan preparados.
Ao caer a tarde, os druídas acendían foqueiras para guiar aos mortos na escuridade e facilitarlles o camiño a aldea para participar nas honras preparadas polas familias.
O costume era deixar comida e doces fóra das súas casa e acender candeas para axudar ás ánimas dos mortos a atopar o camiño cara a Luz e o descanso xunto ao Deus Sol, nas terrras do Verán.
Pero ese último día, os espíritus tamén podían salir dos cemiterios e apoderarse dos corpos dos vivos para resucitar, pedirlles alimentos e maldecilos, facéndoos víctimas de esconxuros se non accedían as suas peticions.
Algúns veciños adoitaban disfrazarse con peles e cabezas de animais para asustar e despistar a estes malos espiritus.
Esquecida case por completo durante décadas, a festa de Samaín comezou a recuperarse hai uns anos e a celebrarse e gran número de lugares onde algúns anciáns aínda recordaban a tradición que consistía na elaboración de feroces caveiras feitas de remolachas, nabos ou cabazas e que coincidía cos días de Defuntos e Todos os Santos (1 e 2 de novembro)
De estas tradicións celtas procede o noso costume de reverenciar aos que xa non están connosco o Día de Defuntos, visitar os cemiterios e poñer flores e candeas nas sepulturas.
No século XIX a tradición chegou a Estados Unidos dende países como Escocia e Irlanda, xa que moita xente emigrou a Norteamérica fuxindo da fame que asolaba Europa naqueles anos. Esta é a orixe do Halloween (All Hallows' Eve, "véspera de Todos os Santos").
Santi Gutierrez |
Ningún comentario:
Publicar un comentario