mércores, 17 de decembro de 2014

Platero cumpre 100 anos


¿Sabedes que é un poeta?
 Un poeta é alguén que busca as palabras máis fermosas para contar o que ve, o que pensa e o que sente. 

Hai moitos anos naceu en Moguer, un pobo de Huelva, un neno que amaba a natureza, os animais e que disfrutaba das pequenas cousas, as que pasan desapercibidas para a maioría das persoas. O seu amigo inseparable era un burriño de pelo gris que tiña por nome Platero. Tanto quería ao seu amigo e tan bos recordos gardou del, que anos despois escribiu un libro "Platero e mais eu" no que narraba momentos da súa vida xunto ao seu fiel amigo.

Isto aconteceu hai xa 100 anos, pois o libro publicouse no 1914.
Juan Ramón Jiménez, un dos mellores poetas españois de todos os tempos,  escribiu esta novela que é unha ds mais importantes da literatura castelá e que foi traducia a case 50 idiomas, ademais de ao sistema  braille.
Picade na imaxe





E, se queredes ler o libro, podedes  picar  na imaxe da esquerda e descargalo en pdf.  Ou podedes picar na imaxe da dereita e comezar a coñecer ao autor e ao seu inseparable amigo.

Outros enlaces de interese:
Platero cumple 100 años : Junta de Andalucía
Platero y yo en la era digital. : Proxecto colaborativo



Ningún comentario:

Publicar un comentario