Ás veces, na biblioteca temos libros que, a pesar da súa calidade, por unha razón ou outra están "coleccionando polvo".
Na Biblioteca pública de Os Anxeles (USA) naceu a iniciativa "Cita a cegas cun libro" (en inglés Blind date with a book) unha idea á que se foron unindo outras bibliotecas e tamén librarías.
Pareceunos unha actividade moi axeitada para celebrar o San Valentín, e sumámonos ao proxecto, adaptándoo as idades d@s nos@s alumn@s.
Seleccionamos uns cantos libros, envolvémolos en papel (de periódico, para darlle un aire de misterio) e pegamos uns corazóns de cores (por aquelo da data a celebrar) cunha pequenas pistas sobre o xénero e a historia... e un pequeno texto coma este:
" Colle este libro, lévao á casa e desenvólveo.
Ensínalle o teu lugar favorito para ler, comparte con él a túa merenda ou móstrallo aos teus amigos.
Quen sabe... Ao mellor tendes futuro..."
Dentro do libro introducimos un formulario para "valorar a cita", que se deixará na biblioteca unha vez cuberto.
Formulario valoración da "cita a cegas" |
Free slideshow design personalized with Smilebox |
Ningún comentario:
Publicar un comentario