mércores, 1 de abril de 2020

Mes dos libros

Na nosa biblioteca, como en moitas outras, Abril é o mes dos libros: O día 2 é o Día do libro Infantil e o  23 é o Día Mundial do Libro.
A pesares de non estar no cole, e sobre todo este ano, non podemos deixar de celebrar este mes . 
Os libros son coma ventás abertas: fan que poidamos viaxar sen movernos da sala ou da cama, permítennos vivir outras vidas e desfrutar de aventuras emocionantes...
Por iso, cando todas as tardes saímos ás ventás a aplaudir, uns poucos deses aplausos témolos que dedicar aos libros. 
Ben o merecen!

Embaixo tedes as actividades que preparou a Biblio para que alumnado e familias colaboren nesta celebración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario