Ao longo do ano, o noso obxectivo é espertar no alumnado o interese e o amor polos libros e a lectura e convertela nun hábito de vida.
A través da historia, moitos foron os libros que lograron que a imaxinación dxs nenxs non deixase de medrar, converténdoos en adultxs capaces de crear, e facer dos soños unha realidade.
Ademáis das historias que encerran, os libros poden converterse en grandes mestres porque neles atopamos valores que lle van dando forma á personalidade de cada un
Por todo isto, na biblioteca ofrecemos moitas actividades relacionadas coa lectura e cos libros: exposicións, contacontos, guías de lectura, recomendacións ...
O ano pasado foron moitxs xs escritorxs e ilustradorxs que nos achegaron a súa particular mensaxe de animación á lectura, como fan este ano outrxs autorxs neste video que nos envia a OEPLI (Organización Española Para o Libro Infantil)
Ningún comentario:
Publicar un comentario