Antes dos anos 60 do século pasado, os anos nos que as nosas avoas eran pequenas, case en ningunha casa había lavadora , e moito menos secadora . A roupa lavábase á man no río ou no lavadoiro empregando xabón feito na casa e tendíase a secar ao sol e ao aire. E as mais maiores comentaban que a roupa do tendal dicía moito de quen a lavaba e tendía. Ás mulleres gustáballes presumir da roupa que colgaban no tendal.
Agora xa non é tan doado ver a roupa secando ao sol, sobre todo na cidade, e por iso nós para presumir dos nosos traballos tendémolos para que os vexa todo o mundo.
Para mostrar cales son os nosos libros favoritos organizamos un Tendal Literario.
Primeiro, os nenas e nenos convertéronse en deseñadoras e deseñadores e cada un creou a súa peza de roupa e tuneouna ao seu gusto, poñendo parches, bordados, e adornos variados. Despois, en cadansúa peza escribiron o título e o autor do libro e tamén unha cita ou unha pequena sinopse do mesmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario