Narra as peripecias de Marcos Rodríguez Pantoja. Nos anos da posguerra, cando Marcos tiña uns 6 ou 7 anos, foi vendido (si, como o oídes, ven-di-do) polo seu pai a un pastor. Cando este morreu, quedou na Serra Morena sen máis compaña que unha manada de lobos e sen máis amigos que un furón e unha curuxa. Viviu alí ata os 19 anos sen ter contacto cos humanos.
Cando o devolveron á sociedade, caeu en mans de xente que o maltratou. Ríronse del e menospreciárono, por iso di " foi o momento da miña vida no que pasei máis medo".
Ata que coñeceu a un galego, co que veu vivir a Rante, un pobo preto de aquí, e onde leva dende hai máis de 15 anos.
A súa historia foi obxecto de estudios e ten viaxado por moitos lugares para falar sobre as súas peripecias.
O pasado día 20 tivemos a sorte de telo no cole. Vimos a película e
foi un privilexio escoitar as súas historias, os sons que reproduce só empregando a súa voz e a música que é quen de facer só usando unha palliña...
Grazas por vir, Marcos.
E grazas a ti, Santos, por convidalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario