O 21 de marzo é o Día da Natureza .
Celebramos o Día da árbore coa visita de Xosé Santos, o garda forestal que nos acompaña sempre en todas estas faenas. Este ano, ademáis de arces e cancereixos, trouxonos unha árbore especial.
É especial porque non atoparedes ningunha outra coma ela nos arredores: só existe no Xurés e nalgunhas zonas de Portugal.
Esperemos que medre á mesma velocidade que medramos nós.
Comprometémonos a coidala e protexela para que chegue a ser unha árbore grande e fermosa.
E tamén nos comprometemos a coidar as hortalizas que cada un de nós sementou ou plantou no horto.
A ver cando podemos probar unha das nosas leitugas, cenorias, amorodos ...
Que actividades tan chulas que fan que os nenos amen e poidan respetar a natureza
ResponderEliminar