Pero, como noutras moitas ocasións, a historia esqueceu o seu papel por ser muller, e deu aos irmáns Lumiere, os inventores do cinematógrafo, todo o recoñecemento.
Na actualidade, a desigualdade entre homes e mulleres no mundo do cinema segue existindo.
Non so as actrices, senón tamén as directoras, produtoras, operadoras de cámara ou guionistas atopan diferenzas de salario e de oportunidades con respecto aos homes. E con respecto as nominacións a algún premio, ocorre o mesmo: hai unha maioría aplastante de homes.
"Unha muller que queira dirixir unha película ten moitas menos posibilidades de facelo que un home, aínda que sexa igual de boa, e o mesmo ocorre cos guións"
Yvonne Blake, Directora da Academia de Cine
Só na provincia de Pontevedra hai máis de 70 directoras de cine, pero a maioría delas son descoñecidas.
As mulleres son unha parte moi activa da sociedade e, tamén no mundo do cinema, debemos poñer en valor o seu traballo.
Nós investigamos sobre as mulleres no cinema galego e atopamos cineastas con todas as letras do alfabeto. Picade nas fotos e descubrídeas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario