O Festival de Cans é un festival moi especial.
Celébrase sempre, dende o ano 2004, o terceiro ou cuarto fin de semana do mes de maio, coincidindo co festival de Cannes en Francia.
Cans é un festival de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante.
Durante o festival, a aldea transfórmase completamente.
Os veciños e veciñas ceden os seus espazos cotiáns para seren de uso público por uns días.
Hai dez espazos ( O Cuberto de Chelo, o Cuberto do Pato, o Baixo de Carlos, o Baixo de Alfonso, a Casa do Pedreiro, o Jalpón de Alicia, o Baixo do Carreira, a Casa de Mari, o Baixo de Bugarín ou o Baixo do Moncho) que se converten en salas de proxección, e que durante o ano son adegas, alpendres, jalpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas.
Outros espazos, como placas de casas en construción, galiñeiros ou leiras convértense en lugares para actuacións musicais e outras actividades.
Ademáis do festival de curtas hai estreas de filmes e documentais, coloquios con cineastas, roteiros sonoros e un feixe de actividades repartidas por toda a aldea.
E en Cans a xente trasládase dun lado a outro en chimpíns, que son como as limusinas de Cannes.
As pantallas son construidas por dous carpinteiros da aldea , e a herba empacada e as táboas pasan a converterse en asentos para que o público vexa os filmes.
Hai curtas de ficción, de animación, documentais, concurso de videoclips ...
Nós estivemos no Baixo de Bugarín onde asistimos á proxección de varias curtas e falamos cunha deseñadora de vestiario. Despois fixemos unha visita guiada polos lugares máis emblemáticos da aldea: O Jalpón de Alicia, a Leira onde se celebran coloquios con directores e directoras recoñecidas, e vimos o Parque do Río que se adicada ás familias e á programación para os cativos: o MiniCans.
Tamén estivemos en O Torreiro, un espazo que rende tributo a todas as grandes personalidades do cine que levan pasado pola aldea. Cada unha das lousas de pedra co debuxo dunha estrela corresponde a un homenaxeado. Alí teñen a súa estrela Luis Tosar, Isabel Coixet, Fernando León, Mabel Ribera, Celso Bugallo, Javier Gutiérrez ou José Luis Cuerda. No medio da estrela os homenaxeados non deixan as pegadas das súas mans como en Hollywood, senón que marcan os seus cinco dedos, formando as súas “pezuñas” reais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario