Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra escura, de escaseza, frío e inverno.
No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas.Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo, a maior parte das tradicións pagás foron alteradas ou prohibidas. A noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa perviviu o costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
Neste mural dixital atoparedes recursos para celebrar esta festa con cancións terroríficas , películas arrepiantes , libros monstruosos ... e moito máis.
Picade nos enlaces se vos atrevedes e... deixádevos levar ao máis alá....
Ningún comentario:
Publicar un comentario