Coma cada ano, no mes de outubro a protagonista é a Biblioteca.O día 24 celebramos o Dia Internacional das Bibliotecas grazas a iniciativa dos Amigos do Libro infantil e Xuvenil. Alguén dixo que "onde hai unha biblioteca hai unha luz" e dende o colexio queremos que esa "luz" chegue a todos e todas, non só aos nenos e nenas, que á visitan moi a menudo, senón tamén ás familias. Porque os libros son unha maneira de voar, de viaxar no tempo e no espazo, de enriquecernos coa única riqueza que merece realmente a pena... e o exemplo das familias é fundamental para consolidar o hábito lector.
Entrade, a porta está aberta para participar, ler, descubrir
e pasar un bo rato xuntos.
Acompañade a Efrén nesta viaxe e descubriredes como movervos pola biblio coma un peixe pola auga, ou mellor dito, coma un libro polos andeis....
Acompaña a Efren na súa visita á Biblioteca escolar
Aqui vos deixo tamén un conto que vos axudará a entender como están clasificados os libros na nosa biblioteca e en todas as do mundo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario