Este foi o comezo de todo.
Ninguén sabía que sería o grupo que revolucionaría a música e a cultura.
Dende entón nada foi igual ...
Non é unha das súas mellores cancións, aínda faltaban uns anos para que todo o seu talento aflorara, pero foi a orixe de todo un fenómeno de masas que aínda perdura e o principio dun dos mellores grupos da historia.
Paul McCartney, con algunha aportación de John Lennon, compuxera esta canción cando tiña 16 anos, con dous acordes e unha letra do mais sinxelo.
Love, love me do / You Know I love you
I’ll always be true / so please, love me do…
Someone to love / somebody new
Someone to love / Someone like you
The Beatles xa eran coñecidos en Liverpool, a súa cidade, pero aínda eran descoñecidos no resto do país.
Ese ano a canción so alcanzou o posto 17 das listas de éxitos no Reino Unido, pero dous anos despois foi número 1 nos Estados Unidos.
Esto preparou o terreo para o primeiro gran éxito da banda: "Please, please Me"
A Beatlemanía xa estaba en marcha...
50 anos xa! Hai que ver como pasa o tempo!
Máis cancións de The Beatles:
Come together
Yesterday
Yellow submarine
All together now
Ningún comentario:
Publicar un comentario