Celebramos o Día Internacional da Infancia. É unha data para lembrar que as nenas e nenos non son só seres fráxiles que necesitan ser protexidos, senón que son persoas que teñen dereitos: Dereito a seren educados, dereito a divertirse, a aprender e a expresarse , dereito a recibir coidados médicos e alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en tódolos aspectos e onde queira que teñan nacido.
Entre todas e todos fixeron este mural no que resumiron o que aprenderon:
Aurora sorprendeunos cun poema :
Hoxe é o noso día by Ceip Saco e Arce on Scribd
Ningún comentario:
Publicar un comentario