En 1920 nacía en Ourense a revista NÓS, un proxecto cultural impulsado por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao e Losada Diéguez . Editouse ata 1935 e apostaba por fortalecer a cultura e literatura galega, crear conciencia do valor do noso e consolidar a lingua galega como medio de expresión no ámbito científico
O 30 de outubro saíu á luz o primeiro número da publicación, que sempre en lingua galega, trataba temas tan diversos como a etnografía, a ciencia, a arqueoloxía xunto a tradución de filósofos alemáns, novidades artísticas doutros paises europeos ou versións de obras da literatura universal.
Con motivo deste centenario na ourensá rúa do Paseo inaugurouse unha mostra que poderá visitarse ata o 30 de novembro e que ten como obxectivo dar a coñecer o que esta xeración literaria supuxo para Ourense e para a cultura galega.
Revista Nos by Ceip Saco e Arce on Scribd
Ningún comentario:
Publicar un comentario