Efrén decidiu regalarlles aos nenos e nenas un contiño que se titula "Las muñecas son para las niñas" de LUDOVIC FLAMANT.
É un conto que trata con moita ironía o tema dos estereotipos de xénero aínda presentes na nosa sociedade, moitos dos cales poden e deben ser erradicados dende a familia e a escola. Tamén nos recorda a importancia de respectar os gustos dxs nosxs fillxs, deixándolles liberdade de elección, algo fundamental para que sexan capaces de tomar as súas propias decisións e defender as súas ideas.
Se hoxe educamos no respecto, na igualdade e no cariño por riba de todo, mañá non teremos que recordar este dia no que se reivindica o bo trato e se trata de plantar cara á violencia contra as mulleres.
Todxs no cole nos sumamos a esta petición. (ODS 5)
Decoramos un cubrebocas, unha máscara, con lemas e debuxos esixindo tolerancia e respecto.
Despois, enchemos a cerca do patio con lazos de cor morada
Ningún comentario:
Publicar un comentario