A agresividade contra as mulleres está estreitamente relacionada con crenzas e estereotipos de xénero. Por iso hai que comenzar a erradicalos dende idades temperás.
As actitudes sexistas e os comportamentos agresivos cara as mulleres non nacen cos nenos, son conductas aprendidas. Por iso na escola debemos crear valores en nenos e nenas para que estas actitudes desaparezan
AS NENAS E OS NENOS PODEN FACER AS MESMAS COUSAS
AS NENAS E OS NENOS PODEN XOGAR COS MESMOS XOGUETES
AS NENAS E OS NENOS PODEN VESTIR A MESMA ROUPA E DA COR QUE QUEIRAN
AS NENAS E OS NENOS PODEN SER O QUE QUEIRAN SER
Con esta idea creamos este video:
EU ROMPO A CADEA, E TI?
Ningún comentario:
Publicar un comentario