Xa vos contamos que iamos comezar un novo proxecto: a RADIO na ESCOLA.

Coa iniciativa pretendemos favorecer a alfabetización múltiple do alumnado, desenvolvendo proxectos colaborativos conectados con diferentes áreas do currículo escolar a través de metodoloxías activas.
Comezando polo principio: A primeira das actividades do obradoiro foi coñecer os materiais que imos precisar para a montaxe e uso da nosa emisora de radio.
Coa axuda de dous profesionais da asociación "Ponte... nas ondas" tivemos a oportunidade de iniciarnos nas nocións básicas de vocalización e dicción. Fixemos o noso guión radiofónico, e aprendemos a falar diante dun micro e a facer o traballo dos técnicos de son. Tamén fixemos uso das ferramentas de gravación e, empregando o programa Audacity, das ferramentas de edición de sons.
Poderemos emitir os nosos programas en directo ou gravalos e subir os podcasts a unha plataforma coma Ivoox ou SoundCloud, para compartilos despois.
O obradoiro resultou do máis interesante, e tanto alumnxs como profesorxs coincidimos en sinalar o divertida, práctica e interactiva que foi a experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario