Tal día coma onte, hai 60 anos (20/01/1958), aparecía publicada no número 1394 da revista "Pulgarcito" a primeira historieta protagonizada por dous aprendices de espías bastante torpes : Mortadelo e Filemón. O seu creador, Francisco Ibáñez, concebiunos coma unha parodia de Sherlock Holmes e o Dr. Watson e coma un reflexo das películas de Charles Chaplin e Harold Lloyd.
Tiveron tanto éxito que non tardaron en protagonizar a súa propia revista e foron aparecendo novos personaxes: o profesor Bacterio, a señorita Ofelia, ou o Super.
Durante estes anos os dous axentes levan protagonizado máis de 200 álbumes, varias películas, e portadas de revistas, e as súas absurdas aventuras chegaron a países como Alemaña, Francia, Italia, Grecia, Holanda, Turquía, Brasil ou Dinamarca....
Os dous axentes foron "trending Topic" en Twitter durante o día do seu aniversario. Entre as felicitacións atopamos moitos parabéns para o seu creador.
Ao longo deste ano 2018, a editorial recuperará varios volumes antigos e publicará varias novidades, entre elas o Especial Mundial 2018, que levará aos dous axentes ao páis anfitrión, Rusia.
Xa sabedes que se vos pasades pola Biblio atoparedes moitos libros destes xenios do HUMOR con maiúsculas.
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario