Este ano, coa nosa festa de Entroido, queremos concienciar a todo o mundo mundial do importante que é coidar o planeta.
Non hai un PLAN B: Ou nos poñemos mans á obra, ou acabaremos sufrindo as consecuencias!
Coma todos os anos, houbo obradoiros de disfraces en todas as aulas. Cada clase preparou a súa "comedia" seguindo a tradición do Entroido de Mugares. As actuacións consistiron en cancións relacionadas coa problemática medioambiental, a reciclaxe, a alimentación natural, o desplazamento sostible ...
Tamén se elaboraron pancartas alusivas ós temas elixidos polas respectivas clases para elaborar o seu disfrace.
Non faltaron á cita os "avós e avoas" do Centro de Día de Toén.
E tivemos unha unha visita moi especial: un grupo de Señoritas e Labardeiros de Mugares que, cos seus axóuxeres, puxeron a nota festiva.
No video reflíctense os momentos previos ó desfile, a maquillaxe dxs artistiñas, e outros momentos especiais do día.
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario