O libro, o abrazo. Non creo que exista un "sitio" mais exacto para situar o nacemento da lectura
(Yolanda Reyes)
Contareivos un segredo: ninguén le os contos mellor que unha mamá, un papá ou outro adulto amado por cada nenx.
A empatía, esa posibilidade de emocionarnos coa emoción doutra persoa, apréndese coas experiencias literarias da infancia. E como xs nenxs teñen poucos anos de experiencia, asómanse a experiencia dos maiores a través das historias que viven nas súas voces.
Nós temos moita sorte porque moitas familias están sempre dispostas a achegarse ao cole e poñer en práctica as súas dotes coma contacontos e ler, non só para xs seus fillxs, senón tamén para xs seus compañeirxs de clase.
Ademáis de contar os contos coma profesionais, algunhas familias viñeron acompañadas de marionetas, peluches e incluso agasallos para cada nenx.
So podemos dicir MOITAS GRAZAS. Sodes xs mellores!
Ningún comentario:
Publicar un comentario