venres, 16 de febreiro de 2018

Chega o día de Rosalía: Abride as ventás


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar
un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación  , como podedes comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes  

Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convídanos a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con accións colectivas de difusión da súa obra .

O lema da proposta deste ano é                      #AbrideAFiestra . 

Quen é a Rosalía de Castro da que vos sentides máis próximos? Facédevos cómplices dela  
Como?
Despois de facer un repaso pola figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas  da súa obra, propoñémosvos  que cada un elabore, nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra ou pegado na parte interior dos vidros das fiestras (tea, cartolina ou similar), un cartel no que escribiredes algúns versos da autora da vosa escolla para lles dar luz desde as fiestras e  facelos visíbeis .

Esta iniciativa pretende ademais que o alumnado comparta esta celebración coa súa familia e veciñanza. Para isto queremos fotos de cada un de vós, acompañados das vosas persoas maiores, portando entre ambos o cartel que fixestes, e mostrándoo nesas fiestras que, coa axuda de Rosalía, queremos abrir a un mundo e un tempo novo. 

(podedes achegarnos as fotos antes do venres 23 de febreiro nun pendrive ou envialas ao correo da biblioteca ceip.saco.arce@gmail.com) 

Vida e obra de Rosalía - CEIP  Eduardo Pondal de Vigo



A nosa escolma de poemas


Ningún comentario:

Publicar un comentario