Fixo que a nosa imaxinación descubrira a maxia que se agocha nos contos e todxs colaboramos cos nosos xestos, sons e interpretacións... e coas nosas risas...
"O ovo máis bonito do mundo" de Helme Heine foi o conto para os maiores .Narra a historia de tres galiñas moi fachendosas - Petipuá, Poliplasta e Pulchinela - que sempre estaban pelexando porque cada unha diciía que ela era a máis fermosa do galiñeiro. Foron a prguntarlle ao rei, pero non era doado elixir... As plumas de Poliplasta eran moi fermosas, as longas patas de Petipuá encantábanlle e a crista de Pulchinela ... era de película!... Ao final decidiu que a elixida sería a galiña que puxese o ovo máis fermoso ... Cal das tres resultou gañadora?
Xs mais pequenxs disfrutaron cos contos de Martiño, un neno que estaba moi aburrido e tamén con "A selva" de Jean-François Martin no que o protagonista era un camaleón multicolor que quería atrapar a unha mosca moi chinchosa...
MOITAS GRAZAS A AMPA por traernos a Sabela e os seus contos.
A nosa imaxinación agradécellelo de corazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario