luns, 23 de abril de 2018

O amigo secreto


Non é a primeira vez que a biblioteca nos ofrece a oportunidade de agasallar a algún compañeirx cun libro.

O máis divertido, ademáis do momento de abrir cada un o seu agasallo, é o momento do sorteo ... 
¿ quen será o (ou a) afortunadx  que recibirá o noso regalo? 
Para iso, cada un escribimos o noso nome nun papeliño, metémolos nunha caixa e imos collendo un ao chou. Esa será a persoa destinataria do libro;  a non ser que o papeliño leve o noso nome, pois nese caso hai que devolvelo á caixa e coller outro diferente. 
Despois chega o máis importante: atopar un libro que satisfaga o gusto dx nosx compañeirx. 
O mais difícil é gardar o segredo, pois ninguén debe saber quen é o seu AMIGO INVISIBLE.



Ningún comentario:

Publicar un comentario