As mulleres poden considerarse como as grandes olvidadas da historia.
Aparecen tan escasamente na Ciencia, na Literatura e na Arte que parece que non participaron en estes ámbitos da cultura, cando sen moitas delas a historia da humanidade sería diferente.
Por que sucede isto?
Por unha banda, porque sempre tiveron moitos obstáculos para desenvolver os seus intereses e capacidades (moitas tiveron que loitar contra a incomprensión da sociedade do seu tempo ou contra a absurda discriminación baseada no sexo ), por outra, porque ás que conseguiron facelo, nunca se lles recoñeceu o seu mérito e non aparecen nomeadas nas enciclopedias ou nos libros.
Os dereitos que as mulleres do mundo occidental teñen na actualidade débense ao esforzo de moitas delas que, ao longo dos séculos traballaron para conseguilos, facéndose un oco nun mundo de homes.
Nós quixemos reivindicar o papel das mulleres na Ciencia enchendo o noso taboleiro de mulleres científicas porque, aínda que moitas sexan unhas descoñecidas, levaron a cabo importantes traballos de investigación e contribuíron na construción dunha sociedade máis xusta para mulleres e homes.
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Ningún comentario:
Publicar un comentario