Este proceso non debe ser distinto para as nenas e os nenos; non se deben asignar roles diferentes segundo o sexo nen poñer etiquetas que os impulsen a realizar tarefas ou a ter comportamentos distintos polo feito de pertencer a un ou a outro sexo. Estes estereotipos determinan os plans de vida a nivel profesional, sentimental, económico ...
Estas desigualdades non son beneficiosas para ninguén e manteñen unha situación inxusta, que frea o desenvolvemento da sociedade.
Que credes que opinan os nenos e nenas sobre o pago desigual entre homes e mulleres ?
Levamos a cabo un pequeno "experimento" que nos axudou a reflexionar sobre este tema.Fixemos grupos de idades similares e grabamos o proceso.
Este foi o resultado:
Educación Infantil
Primeiro e segundo de EP
Terceiro e cuarto de EP
Quinto e sexto de EP
Por problemas técnicos non temos o video da actividade, pero sí o de outra das actividades que levamos a cabo: un acertixo que anda polas redes sociais e que eles resolveron á primeira:
Ningún comentario:
Publicar un comentario