A alimentación, os hábitos de comida, os trastornos alimentarios son temas que preocupan tanto na escola coma na familia.
A comida desempeña un importante papel no proceso de socialización do ser humano. A través dela, xs nenxs aprenden regras de comportamento e normas sociais.
A literatura infantil non é allea a este tema e son moitos os contos e libros informativos nos que aparece a alimentación directa ou indirectamente.
O proxecto "Aliméntate ben" levounos a facer unha exposición de libros sobre alimentación sá na entrada do cole, onde o alumnado pode atopar libros sobre os bos hábitos alimenticios, alimentos imprescindibles para medrar sans, cociña para nenxs e consellos para qeu aprendan a comer ben.
Ademais, o Equipo de comedor argallou un "premio" para os aquelxs que teñen un bo comportamento, faln en voz baixa, proban de todo e respectan a compañeirxs e colaboradorxs: Un Efrén cociñeiro que viaxa de casa en casa cun lote de libros que, nunca mellor dito, saben que alimentan...
Ningún comentario:
Publicar un comentario