A nosa Romaría das Letras sempre foi moi comentada. Nela participaban moitas familias e ofreciamos diferentes actividades culturais: xogos tradicionais, danza e música galega, lectura de textos da persoa homenaxeada o Día das Letras Galegas , representacións teatrais ...
Este ano tivemos que cambiar a celebración : as representacións, danzas e música en directo foron substituídas por material pregravado. As familias non puideron participar na festa do galego na escola pero disfrutárona na casa.
Para rematar o Proxecto sobre as Lembranzas dxs avós e avoas organizamos una festa popular con comida campestre para que a rapazada esquecera durante uns momentos o virus e as máscaras e compartira un anaco coas compañeiras , compañeiros e profesorado como se facía antigamente nas festas e romarías.
Este é o álbum de fotos:
E este é o video :
Foi moi divertido! Pasámolo moi ben.
ResponderEliminar